O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. goleou por 7-3 ao Cidade das Burgas “B” no encontro correspondente á xornada 13 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do domingo.
A primeira parte foi moi igualada e con numerosas ocasións para ambos equipos e na que soamente se chegou ao descanso cun axustado 1-0. Na segunda metade, o equipo vilalbés, despois de recibir o gol do empate tivo cinco minutos de moi bo xogo que aproveitou para irse no marcador e acabar goleando ao rival.
Con este resultado as rapazas do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. continúan sétimas clasificadas e loitan por meterse cos oito mellores equipos ao final da primeira volta para disputar a Copa.