O FEMININO VENCE A DOMICILIO

 

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu por 2-5 ao E.D.M. Salceda no encontro correspondente á xornada 20 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Salceda de Caselas na tarde do sábado.

Os primeiros minutos do equipo vilalbés foron bos e puxéronse con dous goles de vantaxe no marcador pero a relaxación das vilalbesas levou ao equipo local a empatar 2-2 ao comezo da segunda metade. Na recta final do partido as rapazas do Vilalba F.S. estiveron máis acertadas e acadaron tres goles para levarse o partido.

Con esta victoria o equipo vilalbés sitúase na quinta posición a un só punto da terceira praza e recibirá o vindeiro sábado ás 17:00 horas á S.D. Gaiola.