O FEMININO VENCE AO VIAXES AMARELLE “B”

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu 4-3 ao Viaxes Amarelle F.S. “B” no encontro correspondente á xornada 19 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vilalba.

Despois de ir perdendo 0-2 o equipo vilalbés foi quen de remontar o partido ante un rival directo. Con este resultado o Vilalba F.S. sitúase quinto clasificado cun partido menos que disputará este fin de semana.