O FEMININO VENCE NO DERBI PROVINCIAL

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. colleitou unha importantísima victoria por 4-6 ante o Pizzería Bahía – Monterroso F.S.F. no encontro correspondente á xornada 8 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón “A Cúpula” de Monterroso na tarde do sábado.

Despois do mazazo recibido o día anterior na final da II Copa Deputación de Lugo o equipo vilalbés soubo erguerse e competir nunha complicada pista e ante un bo rival. Primeira parte moi igualada e na segunda colleu unha vantaxe no marcador que foi clave para o resultado final.

A destacar o grandísimo esforzo realizado por todas as xogadoras do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. durante a fin de semana na que tiveron que disputar tres complicados encontros en dous días e que solventaron cunha gran nota.