“O FEMININO VENCE NO VIII MEMORIAL FRANCISCO JAVIER GONZÁLEZ VÁZQUEZ”

O equipo senior feminino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. conquistou ante A Fervenza F.S.F. o “VIII Memorial Francisco Javier González Vázquez” celebrado no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba na tarde do xoves 30 de decembro de 2021.

O equipo feminino do Vilalba F.S. de categoría autonómica realizou un gran partido ante un equipo da segunda división do fútbol sala nacional como é A Fervenza F.S.F. O resultado ao final dos corenta minutos foi de empate a un gol e as vilalbesas estiveron máis acertadas desde o punto de penalti.

Por encima do xogo e do resultado final, foi unha nova oportunidade de homenaxear á figura de Francisco Javier González Vázquez, unha persoa que traballou polo deporte vilalbés en xeral e polo fútbol sala en particular.

A FERVENZA F.S.F. (1)
Clara, Belén (1), Carmen, Claudia, Raquel – cinco inicial – María B., Antía, Julia, María L., Samaia e Jennifer.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. (1)
Carmela, Carla, Paulita, Antía, Nerea – cinco inicial – Marta, Aisha, Akira e Sabela (1).