O FEMININO VENCEU AO VIGO F.S. A DOMICILIO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu por 3-4 ao Alonso & Serodio Vigo F.S. no encontro correspondente á xornada 10 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de “As Traviesas” de Vigo na mañá do domingo.

Partido moi igualado no que as rapazas adestradas por Miguel lograron remontar nos últimos minutos do encontro para sumar tres puntos moi  importantes e afastarse da zona de descenso.

A destacar a entrega de todas as xogadoras, o hat – trick de Mariña,  e o gol definitivo da porteira Tati.

A vindeira xornada o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibirá ao Ortegal Oil A Fervenza “B” no Pavillón Municipal de Vilalba.