O FEMININO VOLTA Á SENDA DO TRIUNFO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu por 5-3 ao E.D.M. Salceda no encontro correspondente á xornada 5 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado.

Os primeiros minutos do equipo vilalbés foron moi bos e puxéronse con tres goles de vantaxe no marcador pero a relaxación das vilalbesas levou ao equipo visitante a poñerse 3-2 resultado co que se chegaría ao descanso.

Na segunda metade as rapazas do Vilalba F.S. melloraron e tiveron máis control do xogo poñéndose 5-2 e soamente encaixando un gol na recta final do partido.

Con esta victoria rompen unha racha de tres derrotas consecutivas e alónxanse dos postos de perigo.