O FILIAL DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. GOLEA E ACADA O ASCENSO A PREFERENTE

O equipo filial masculino do Grupo Forma-t Vilalba F.S. goleou ao filial do Outeiro de Rei por 10-3 e acadou matemáticamente o ascenso á categoría Preferente Norte, a falta de dúas xornadas para rematar a tempada.

O partido non tivo cor e o equipo vilalbés demostrou a súa superioridade durante todo o partido. Os autores dos goles vilalbeses foron Miguelito (2), Miloso (2), Copa (2), Tinete (2), Nuno e Amado.

Gran tempada dos rapaces adestrados por Ismael que poden redondear co título de Campións de Liga si suman catro puntos nas dúas últimas xornadas.