O FILIAL FEMININO COMEZA O ANO CON VICTORIA

O equipo filial feminino do Grupo Forma-t Vilalba F.S. acadou a primeira victoria de 2022 oa ganar por 0-3 ao CDX Aranga F.S.F. no partido adiado da última xornada da primeira volta. Os goles foron marcados por María, Laura e Xela.

Con este triunfo e a espera do que decida o comité de competición sobre a reclamación realizada polo equipo vilalbés sobre a alineación indebida do C.D. Seguridade Galega no partido da segunda xornada o equipo vilalbés sitúase terceiro na clasificación a seis puntos do líder. No caso de que a decisión do comité sexa favorable aos intereses do Vilalba F.S. o equipo remataría a primeira volta con 5 victorias e unha única derrota no primeiro ano de competición realizando ata o momento unha excepcional tempada.