O FILIAL MASCULINO DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. CAMPIÓN DE LIGA

O equipo filial masculino do Grupo Forma-t Vilalba F.S. proclamouse campión da Liga Primeira Galicia ao vencer por 2-3 ao Puebla Futsal con goles de Miloso, Nuno e Tini.

O equipo adestrado por Ismael que xa acadara o ascenso a Preferente na xornada anterior acadou a victoria e xunto coa derrota do Peluquería Mixta Concello de Friol F.S. certificou matemáticamente o primeiro posto na clasificación a falta dunha xornada para o remate da liga. O equipo filial creado nesta tempada con xogadores da casa cumple o obxectivo deportivo marcado a inicios da tempada e para o ano xogará nunha categoría máis forte como é a Preferente Norte.

Por outra parte o outro equipo que xogaba esta fin de semana, o filial feminino sumou unha derrota na visita á U.D. Pastoricense por 2-0.