O FILIAL MASCULINO DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. RECIBIU A COPA CAMPIÓN DE LIGA

O equipo filial masculino do Grupo Forma-t Vilalba F.S. recibiu a copa de  campión da Liga Primeira Galicia Lugo – A Coruña nos prolegómenos do partido de ida da final do playoff a Segunda División “B” que disputou o primeiro equipo ante o Arenas de Manzaneda C.D. cun pavillón ateigado de siareiros vilalbeses.

No derradeiro partido de competición disputado o domingo no que ningún equipo se xogaba nada os rapaces adestrados por Ismael empataron 3-3 ante o Trabada F.S. con goles de Miloso, Ledo e Amado.

O equipo filial creado nesta tempada con xogadores da casa cumpriu o obxectivo deportivo marcado a inicios da tempada acadando o título de campión o que lle permite o ascenso de categoría a Autonómica Preferente.

Por outra parte o filial feminino sumou unha derrota por 1-5 ante o Praias de Barreiros C.D. no derradeiro partido de competición que non empaña a enorme tempada realizada no seu primeiro ano de creación e no que se clasificou para a fase de ascenso acadando un meritorio cuarto posto.