O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. CAE NA COPA GALICIA

O Grupo Forma-t Vilalba F.S. perdeu 3-5 ante o C.D. Lugo Sala e quedou apeado da XXX Copa Galicia. O partido celebrado na tarde do mércores no Pavillón Municipal de Vilalba rexistrou unha gran afluencia de público cun excelente comportamento. Antes de comezar o encontro gardouse un minuto de silencio polo falecemento do ex-xogador do Vilalba F.S., José Manuel “Peón” Peña.

Partido intenso e emocionante como se prevía no que o equipo da capital lucense aproveitou mellor as ocasións indo sempre con vantaxe no marcador. O equipo de Quini nunca lle perdeu a cara ao partido e entrou no derradeiro minuto a un gol de forzar a tanda de penaltis.

Ficha Técnica:

GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
César, Ismael, Fede (1), Fari (p.p), Simón – cinco inicial – Tini, Antón, Keita, Miguelito, Dieguito (1) e Aitor (1).

C.D. LUGO SALA
Yeray, Costoya, Iago Rodríguez, Brunito (1), Diego Núñez – cinco inicial – Nicolás, Yago, Alejandro, Longo (1), Miguel Muñoz, Antonio Diz (2), Miguel M., Jairo.