O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. ELIMINA A O ESTEO F.S.

O Grupo Fotma-t Vilalba F.S. venceu 4-3 a O Esteo F.S. no partido correspondente á segunda fase previa da XXX Copa Galicia celebrado o sábado no Pavillón Municipal de Vilalba ante unha gran afluencia de público. Antes de comezar o encontro gardouse un minuto de silencio polo falecemento do presidente do Viaxes Amarelle F.S.

 

Partido copeiro intenso e emocionante que malia empezar perdendo, o equipo de Quini repúxose e antes do descanso xa lle deu a volta ao marcador con dous goles de Simón e Fede. Nos primeiros minutos da segunda parte, Dieguito aumentaba a vantaxe e daba máis tranquilidade á bancada vilalbesa. A falta de 5 minutos para o final e perdendo 3-1 o equipo pontés sacou o porteiro xogador e acadou un gol pero acto seguido Fede puxo outra vez os dous goles de vantaxe. Nos derradeiros segundos de partido o Esteo F.S. estableceu o definitivo 4-3.

 

A seguinte eliminatoria será contra outro rival complicado como é o C.D. Lugo Sala que eliminou ao Xove F.S.

 

Ficha Técnica:

GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
César, Ismael, Fede (2), Fari, Gago – cinco inicial – Tini, Pelouro, Keita, Coe, Dieguito (1) e Simón (1).

O ESTEO F.S.
Marcos, David (1), Francisco Javier, Jonathan, Alvaro – cinco inicial – Sergio, Joan Manuel, Eloy, Pablo (1), Héctor, Alberto (1), Casal e Dani.