O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. FIXO SUFRIR AO LÍDER

O equipo de Terceira División Nacional do Grupo Forma-t Vilalba F.S. fixo sufrir ao líder da categoría no encontro celebrado na tarde do sábado ante catrocentos espectadores que disfrutaron dun gran espectáculo. O partido foi moi intenso e disputado por dous equipos que demostraron ser de superior categoría e que ao final a victoria caeu do lado do C.D. Lugo Sala por 1-2. O gol dos vilalbeses foi obra de Fari.

Anteriormente xogou o primeiro partido da súa historia o filial feminino que acadou unha victoria ante o TCA Instalaciones Pontedeume F.S. por 4-2. Marcaron Carla por partida dobre, Marta e Carlota.

O sábado pola mañá tamén debutou en competición oficial o equipo filial masculino vencendo con claridade na pista do S.D.C. y R. Narón O Freixo por 1-5. Marcaron Iker por partida dobre, Copa, Miguelito e Pelouro.

O equipo xuvenil perdeu no duelo de colistas por 7-3 na pista do Troula Betanzos F.S. Os goles do equipo vilalbés foron obra de Mario, Tinete e Michael.

Na tarde do domingo o equipo senior feminino perdeu 3-2 na pista do Viaxes Amarelle “B”. Nun partido igualado os goles de Paulita e Antía non foron suficientes para traer os tres puntos para Vilalba.