O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. RECIBE A O ESTEO NA COPA GALICIA

O vindeiro sábado 11 de setembro ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de Vilalba o Grupo Forma-t Vilalba F.S. recibirá a O Esteo F.S. na segunda fase previa da XXX Copa Galicia de Fútbol Sala.

 

Agárdase un partido intenso dada a rivalidade existente entre ambos equipos que non coinciden en competición desde a tempada 2012-2013 cando ascendeu a segunda división “B” o equipo pontés polo que en teoría parte como favorito para pasar a eliminatoria.

 

O equipo vilalbés chega a esta eliminatoria despois de eliminar ao Praias de Barreiros C.D. por 2-4 mentres que o equipo pontés quedou exento.

 

Agárdase unha boa asistencia de público aínda que limitada polas restricións COVID polo que desde a directiva do Vilalba F.S. aconsellan aos seus socios que vaian coa suficiente antelación para recoller o carnet da tempada 2021-2022 que será obrigatorio para acceder á instalación en todos os encontros do Grupo Forma-t Vilalba F.S.