O equipo de Terceira División Nacional do Grupo Forma-t Vilalba F.S. xogará este sábado ás 18 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba o partido de ida da final polo ascenso á 2ª División “B” contra o Arenas de Manzaneda F.S.
O equipo vilalbés que realizou unha espectacular tempada perdendo soamente catro partidos na liga regular e gañando o play off de Galicia nas semifinais ao Sport Sala Culleredo F.S. (7-2) e na final ao S.D. Xove F.S. (9-6) tentará obter un bo resultado para ir a terras asturianas a acadar o ascenso de categoría.
O Arenas de Manzaneda F.S. quedou campión de Liga na Terceira División asturiana nun grupo con menos equipos que o galego e que rematou a tempada fai uns meses.
Desde o clube vilalbés pídese o apoio aos siareiros para que o Pavillón Municipal de Vilalba rexistre a mellor entrada da tempada e que axuden coma sempre ao equipo a lograr a victoria.