O MASCULINO NA FASE FINAL DA I COPA DEPUTACIÓN DE LUGO

O equipo masculino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., clasificouse para a fase final da primeira edición da Copa Deputación de Lugo que se celebrará no Pazo dos Deportes da capital lucense.

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., que era cabeza de serie na Sede 1 celebrada en A Pontenova, eliminou en oitavos de final ao Samos F.S. por un contundente 10-0 e nos cuartos de final ao anfitrión C.D. Rececende por 6-2.

O rival nas semifinais do domingo 9 ás 10:00 horas será o Santa Isabel de Outeiro de Rei que tamén era cabeza de serie da súa sede. A outra semifinal que se disputará a continuación enfrontará ao Xove F.S. e o Ribeira F.S. Os vencedores das semifinais disputarán a final o mesmo día ás 19:00 horas, a continuación da final feminina na que estará o Vilalba F.S.