O MASCULINO NOS CUARTOS DE FINAL DA II COPA DEPUTACIÓN

O equipo masculino do Vilalba F.S., clasificouse para os cuartos de final da segunda edición da Copa Deputación de Lugo.

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., eliminou nun triangular na fase previa aos equipos Insuas do Miño Rábade F.S. e  Restaurante O Korreo Guitiriz F.S. tras vencelos por 0-1 e 0-2 respectivamente.

O rival nos cuartos de final é o Prone Lugo que milita na Segunda División B do fútbol sala nacional. O partido celebrarase o sábado 7 de setembro ás 20 horas no Pavillón Municipal de Vilalba.