O VILALBA F.S. APOSTA POLA CONTINUIDADE DE “KINI”

Joaquín Martínez “Kini” (Vigo, 1985) continuará adestrando ao Vilalba F.S. na tempada 2020-2021.

Logo do gran traballo realizado na súa primeira tempada a directiva do Vilalba F.S. valorou o seu traballo e o trato persoal exquisito e apostou pola continuidade do técnico lucense. Hai que destacar que na pasada tempada proclamou ao equipo campión da Copa Deputación de Lugo e tivo ao equipo nos primeiros postos da clasificación durante todo o campionato e que únicamente o parón da competición por mor da pandemia da COVID-19 impediu que xogara os play off de ascenso, xa que na xornada na que se interrumpiu a competición o equipo vilalbés estaba quinto clasificado a un punto do cuarto e podíase pelexar perfectamente para quedar entre os catro primeiros.

Ademáis “Kini” tamén faise cargo do equipo xuvenil de Liga Galega e será o coordinador das categorías de base do Vilalba F.S.