O VILALBA F.S. ASEGUROU A CUARTA PRAZA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. gañou ao GRI Carballiño por 5-2 na penúltima xornada de liga da Terceira División Nacional.

O equipo vilalbés que non se confiou da situación na táboa clasificatoria do seu rival, brindou unha nova victoria aos siareiros vilalbeses na despedida ligueira como local. A victoria puido ser moito más amplia de non ser pola boa actuación do porteiro visitante.

Con este resultado o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. acadou matemáticamente o cuarto posto na clasificación. Na derradeira xornada o Vilalba F.S. visitará a difícil pista do Estrada Futsal, que quedou subcampeón de Liga.

GRI CARBALLIÑO F.S.
Daniel, Jesús, Eduardo, Aitor, Angel – cinco inicial – Antonio e Jorge.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Iago, Rubén Mouriz, Jose López, Fran Pastor, Nuno – cinco inicial – Areñas, Freire, Antón, Paulo e Martín.

GOLES:
1-0  Jose López. (Min. 3)
2-0  Fran Pastor. (Min. 5)
2-1  Angel. (Min. 6)
3-1  Jose López. (Min. 7)
3-2  Angel. (Min. 8)
4-2  Fran Pastor. (Min. 22)
5-2  Paulo. (Min. 39)

COMPARTIR