O VILALBA F.S. CADETE ÁS SEMIFINAIS PROVINCIAIS

O equipo cadete do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. gañou ao Piringalla / Auxiliadora por 3 goles a 2 no Pavillón Municipal “Casa do Deporte” de Lugo no encontro correspondente aos cuartos de final do campeonato provincial.

Partido disputado no que o equipo vilalbés adiantouse nos primeiros dez minutos con dous goles pero o equipo lucense logrou empatar ao principio da segunda metade. Posteriormente un tanto de penalti deulle o pase ás semifinais ao equipo do Vilalba F.S.

Os rapaces vilalbeses, adicáronlle a victoria ao adestrador Jose López que o domingo cumpriu anos.

O fin de semana que ven celebrarase a fase final no que o Vilalba F.S. enfrontarase en semifinais ao gañador do partido EDM Guitiriz – ED Becerreá. A outra semifinal será Os Meigallos F.S. – EDM Outeiro de Rei.

PIRINGALLA / AUXILIADORA
Raúl, Francisco Javier, Adrián, Ignacio, Felipe – cinco inicial – Jesús, Iago, Brais, Guillermo e Andrés.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Martín, Iker, Juan, Jesús, César – cinco inicial – Adrián, David, Alberto, Alex Leiras, Marcos, Lucas e Aitor.

 

 

 

 

GOLES:

 

  • Alex Leiras. (Min. 4)
  • Adrián. (Min. 9)
    • Adrián. (Min. 14)
    • (Min. 23)

3-2 Alex Leiras (Pen.) (Min. 29)