O VILALBA F.S. CADETE SUBCAMPIÓN DO TORNEO DE BETANZOS

O equipo cadete do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S acadou o subcampionato do Torneo de Betanzos de fútbol sala na categoría cadete celebrado os días 29 e 30 de marzo.

O equipo vilalbés quedou encadrado na fase de grupos xunto a Concello de Begonte F.S., o anfitrión Troula F.S. e A Solaina de Narón. Nesta primeira fase do torneo empatou 2-2 co Concello de Begonte F.S. e 1-1 co Troula F.S. tendo pouca efectividade de cara a gol e cometendo bastantes erros defensivos. No último partido a cómoda e contundente victoria por 12-0 ante A Solaina permitiulle o pase ás semifinais.

Nas semifinais os rapaces vilalbeses realizaron un gran partido contra o Burela F.S., competindo moi ben e no que se viu un bonito partido con ocasións para os dous equipos. O partido que rematou 1-0 decidiuse a falta de 16 segundos para o final tras un saque de esquina.

A final foi outro gran encontro ante un gran rival, o Colegio Liceo. Foi un partido disputado no que o Vilalba F.S. logrou empatar 2-2 sobre a bocina. Finalmente o Colegio Liceo, levouse o torneo na tanda de penalties.

Destacar o gran traballo e comportamento de todos os rapaces e do corpo técnico, Jose, Miguel e Nuno.