O VILALBA F.S. CAE ANTE O C.D. LUGO SALA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., perdeu 5-2 ante o C.D. Lugo Sala na primeira xornada da segunda volta da liga de Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Lugo na tarde do domingo ante un gran número de espectadores que viaxaron desde Vilalba.

O partido foi moi emocionante e disputado aínda que se adiantou o equipo local cun 3-0 antes do descanso e con grandes ocasións para os dous equipos. Na segunda metade mellorou moito o equipo adestrado por Kini e colocouse a un gol a falta de sete minutos pero a boa actuación do meta local e os erros propios dos vilalbeses fixeron que non fora posible a remontada.

Aínda así o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. conserva un punto de vantaxe sobre o C.D. Lugo Sala e mantén o liderato por mellor coeficiente de goles que o Stellae – St. Petroni.