O VILALBA F.S. CAE COA CABEZA ALTA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., gañou 1-4 ao Portus Apostoli Noia F.S. “B” no partido de volta dos cuartos de final de ascenso a 2ª División “B” celebrado no Pavillón Municipal “Agustín Mourís” de Noia na tarde do sábado, pero foi insuficiente para seguir adiante na competición.

O equipo vilalbés saiu a por todas nos primeiros minutos en busca da remontada e a pesar do resultado de ida, das numerosas baixas e de cargarse con cinco faltas nos primeiros minutos foi quen de poñer contra as cordas a un gran rival con xogadores de superior categoría. Nun gran partido, probablemente o mellor da tempada, e as veces xogando con máis corazón que cabeza, os xogadores vilalbeses puxéronse cun 0-3 mediado o primeiro acto. Antes do descanso recurtou diferencias no marcador o equipo local pero ao inicio da segunda parte os vilalbeses marcaron o 1-4 que fixo que a gran presenza de siareiros vilalbeses que animaron en todo momento ao seu equipo creera na remontada. Nos derradeiros minutos, os pupilos de Quini mermados físicamente pero cunha entrega envidiable, intentaron equilibrar a eliminatoria co porteiro xogador pero non foi posible quedando a un gol da prórroga.

Así pois, o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. malia quedar eliminado nos cuartos de final remata a tempada atípica e moi complicada cunha notable actuación e deixando unha boa sensación.

Ficha Técnica:

PORTUS APOSTOLI NOIA F.S. “B”
Néstor, Antón, Agustín, Naranjo, Antonio – cinco inicial – Sergio, Anxo, Iván, Julio, David, Diego (1), Alvaro, Cristian e Pablo.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Marcos, Ismael (1), Antón, Gago, Aitor – cinco inicial – Tini, Nuno, Coe, Mario e Xisco (3).