O VILALBA F.S. CAE NOS OITAVOS DE FINAL DA XXIX COPA GALICIA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. caeu eliminado por un resultado de 2-5 ante a S.D. Xove F.S. na eliminatoria de oitavos de final da XXIX Copa Galicia de Fútbol Sala.

O partido comezou con numerosas ocasións e bo xogo por parte do equipo vilalbés durante os dez primeiros minutos de partido, pero tres erros defensivos antes do descanso fixeron que o equipo da mariña collera unha amplia vantaxe.

Na segunda metade o Vilalba F.S. recurtou diferencias no marcador e aproveitou a expulsión de Christian para achegarse a un gol. Pero de novo noutro erro defensivo o Xove marcou de penalti o cuarto gol e xa co equipo vilalbés volcado co porteiro xogador e noutro erro ampliou diferencias ata o 2-5 definitivo.