O VILALBA F.S. CAE NOS ÚLTIMOS MINUTOS

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., perdeu 1-5 ante o Portus Apostoli Noia F.S. “B” no partido de ida dos cuartos de final de ascenso a 2ª División “B” celebrado no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba na tarde do sábado cun aforo completo (104 persoas).

Partido moi intenso e disputado no primeiro tempo no que o equipo villabés reclamou dous penaltis do porteiro visitante e con escasas ocasións de gol. Mediada a segunda parte o Vilalba F.S. púxose por diante no marcador faltando 8 minutos para rematar o encontro e a continuación dispuxo dunha clara ocasión que acabou na madeira. Cando parecía que o equipo adestrado por Quini podía ampliar a vantaxe chegaron dous goles do equipo visitante, o segundo con fortuna tras pegar nun xogador local, e foi cando o filial do Noia viuse arriba e conseguiu tres goles máis deixando a eliminatoria casi sentenciada.

O partido de volta disputarase o sábado ás 18 horas no Pavillón Municipal Agustín Mourís de Noia.

Ficha Técnica: 

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Marcos, Ismael, Antón, Gago, Aitor – cinco inicial – Tini, Diego, Fede (p.p.), Nuno, Coe, Mario e Xisco (1).

PORTUS APOSTOLI NOIA F.S. “B”
Néstor, Antón (2), Diego (1), Álvaro (1), Antonio – cinco inicial – Sergio, Anxo, Agustín, Iván, Julio, Alejandro, David, Cristian e Pablo.