O equipo adestrado por Alfonso e Luis impúxose por 3 goles a 1 ao Rececende F.S. no partido disputado no Pavillón Municipal de Vilalba, ante unhas duascentas persoas, e clasificouse para os oitavos de final da Copa Galicia. O seu rival será o Noia F.S. que acaba de ascender á Segunda División.
O partido comezou moi ben para o noso equipo xa que ao minuto logrou poñerse por diante cun gol de Fran Pastor. A primeira parte estivo moi igualada aínda que as ocasións máis claras foron para o equipo local.
Ao inicio da segunda parte o Rececende F.S. empatou por medio de Catalin o transformar unha falta inexistente. O partido estaba bastante igualado ata que chegou a lesión do porteiro visitante e nunha contra Paulo desfacía o empate. A raíz deste gol o Vilalba F.S. dispuxo de varias ocasións para aumentar a ventaxa no marcador e nunha delas Asier lograba un fermoso gol que deixaba o partido moi de cara.
Os últimos minutos o equipo visitante xogou co porteiro xogador pero a boa defensa realizada polo noso equipo e a boa actuación do porteiro Yago fixo que o marcador xa non se movera.
A destacar o bo traballo feito por todos os xogadores do Vilalba F.S. no que era o seu primeiro partido de pretemporada.
ALINEACIÓNS:
VILALBA F.S.
Yago, Jose López, Rubén Mouriz, Roi, Fran Pastor.
Tamén participaron: Diego, Asier, Martín, Paulo, Iago, Nuno, Antón.
C.D. RECECENDE F.S.
Quijada, Miguilla, Paulo, Fariñas, Cascudo.
Tamén participaron: Alexandre, Legaspi, Catalin, Miguel.
GOLES:
1-0 Fran Pastor. (Min. 1)
1-1 Catalin. (Min. 24)
2-1 Paulo. (Min. 33)
3-1 Asier. (Min. 36)