O VILALBA F.S. CLASIFÍCASE PARA OITAVOS DE FINAL DA XXVIII COPA GALICIA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu por 4 goles a 8 ao Rececende F.S. no partido disputado no Pavillón Municipal de A Pontenova, e clasificouse para os oitavos de final da XXVIII Copa Galicia.

O partido comezou moi ben para o equipo vilalbés xa que no primeiro minuto conseguiu inaugurar o marcador. Durante toda a primeira parte tivo o control do xogo e conseguiu seis goles que deixaron prácticamente sentenciado o partido.

Na segunda parte o Rececende F.S. sacou o porteiro xogador e púxose cun marcador de 3-6 pero o Vilalba F.S. reacionou e marcou dous novos tantos. Finalmente o equipo local nos últimos minutos acadou o 4-8 definitivo.

O rival do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. na eliminatoria de oitavos de final que se celebrará no Pavillón Municipal de Vilalba será O Parrulo Ferrol. Será unha gran oportunidade para os siareiros vilalbeses de ver en acción ao único representante galego na Primeira División Nacional de Fútbol Sala.