O VILALBA F.S CLASIFICOUSE PARA A COPA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., goleou ao Carballiño F.S. por 6-2 na última xornada da primeira volta da liga de Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado.

O partido foi de clara cor verde que se adiantou mediada a primeira parte cun gol de Jose López nunha boa xogada e nos últimos minutos do primeiro tempo acadou dous tantos máis por mediación de Freire e Fente en outras dúas xogadas combinativas.

Na segunda parte continuou o bo xogo do equipo vilalbés, e o equipo visitante aínda que o intentou co porteiro xogador viu como Asier, Fente e Pablo poñían o 6-0 no marcador. Nos últimos minutos co Vilalba F.S. algo relaxado o Carballiño F.S. maquillou o resultado.

Con esta victoria o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. acabou oitavo clasificado ao remate da primeira volta e clasificouse ao igual que o equipo feminino e xuvenil para disputar os cuartos de final da Copa. O rival será o actual líder da competición o Pazos de Borbén F.S. e o partido celebrarase no Pavillón Municipal de Vilalba a fin de semana do 13-14/04/19.