O VILALBA F.S. COLABOROU COA CRUZ VERMELLA E CÁRITAS

O vicepresidente do VILALBA F.S., Manuel López Caaveiro, fixo entrega á Cruz Vermella de xoguetes novos co fin de axudar aos nen@s que máis o necesitan. Tamén nesta semana foi entregada a Cáritas unha partida de alimentos non perecedeiros para axudar aos máis desfavorecidos.

Esta campaña de recollida de alimentos e xoguetes tivo lugar no Pavillón Municipal de Vilalba na fin de semana do 07-08/12/19 durante os partidos dos tres equipos do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.