O VILALBA F.S. COMEZA A PRETEMPADA

O equipo de Terceira División Nacional do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. botou a andar o martes 7 de agosto.

A única baixa respecto á tempada pasada é Martín Novo e polo momento a única incorporación é a do xogador monterrosino “Diego Fente”. A directiva quere completar o plantel coa incorporación de varios xogadores que fagan mellorar a cuarta posición da tempada anterior.

Durante esta pretempada, a maiores dos partidos amistosos, o equipo terá que disputar a I Copa Deputación de Lugo de Fútbol Sala e os dezaseisavos de final da XXVIII Copa Galicia en A Pontenova contra o C.D. Rececende.