O VILALBA F.S. COMEZA A TEMPADA 20/21

O equipo de Terceira División Nacional do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. comeza a competición esta fin de semana. No primeiro partido, que se celebrará o sábado ás 18 horas no Pavillón Municipal dos Deportes de Vilalba, o equipo vilalbés recibirá ao recén ascendido Concello de Begonte F.S. no que será o primeiro derbi comarcal.

 

Respecto á tempada anterior o Vilalba F.S. tivo as baixas de Iago, Asier, Jose López, Pablito Villar, Ayalita e Xosé. Os xogadores que continúan son: Iván Gago, Antón, Aitor, Juan, Paulo, Nuno e Chafa aos que hai que engadir as incorporacións de Coe, Fariñas, Fede, Mario, Xisco e o regreso de Isma. O corpo técnico estará formado por Quini, que cumprirá a segunda tempada no clube, axudado por Miguel e Leo.

 

Dadas as limitacións de aforo no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba por mor da pandemia da Covid-19 soamente poderán acceder ao encontro  os socios ata completar o aforo por orde de chegada.

 

Forza Peugeot!!!