O VILALBA F.S. CONQUISTA O  I TORNEO DE REIS DE BEGONTE

O equipo feminino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., conquistou o fin de semana pasado o I Torneo de Reis Concello de Begonte.

 

O equipo vilalbés impúxose na fase de grupos ao Troula F.S. (5-1) e ao Melide FSF (8-0). Nas semifinais venceron tamén ao equipo anfitrión, o Concello de Begonte F.S. (6-0) e na final volveron a golear ao Melide FSF (5-1).

 

O vindeiro domingo retoman o pulso á competición ligueira enfrontándose ao GRI Carballiño F.S. ás 13:15 horas no Pavillón Municipal de Vilalba.