O VILALBA F.S. CONQUISTA O  I TORNEO FEMININO KEEPER GALICIA

 

O equipo feminino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., conquistou este fin de semana o I Torneo feminino Keeper Galicia.

O Grupo Forma-t Vilalba F.S. gañou o primeiro partido 3-0 ao Concello de Begonte e empatou sen goles ante o anfitrión A.D.C. Lugo Sala acadando con este resultado o título. No primeiro partido o equipo begontino vencera ao anfitrión por 0-1.

Anteriormente pola matinal o equipo vilalbés perdeu 1-3 ante o Valdetires Meirás F.S. nun encontro amistoso disputado no Pavillón Municipal de Vilalba e no que as rapazas do Grupo Forma-t Vilalba F.S. a pesar da derrota deron unha moi boa imaxe ante un equipo de segunda división.

O martes 14 de setembro ás 19:00 horas disputarán de novo outro partido de preparación no Pavillón Municipal de Vilalba ante o 5 Coruña F.S., recén ascendido a segunda división.