O VILALBA F.S. CONQUISTA O V TROFEO PEÑA SOCUELLO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. conquistou o V Trofeo Peña Socuello disputado no Pavillón “Patarita” de Bembibre na tarde do sábado ao vencer por 3-4 ao anfitrión Atlético Bembibre.

Partido igualado e con alternativas no marcador no que o equipo vilalbés finalmente levouse o partido en varias accións de porteiro xogador.

Este encontro serviu como último partido de preparación de cara ao inicio ligueiro que será o vindeiro sábado no Pavillón Municipal de Vilalba fronte ao C.D. Lugo Sala.

O equipo vilalbés agradeceu a invitación do Atlético Bembibre de poder disputar este recoñecido torneo.