O VILALBA F.S. DESPEDIUSE DA COPA NOS PENALTIS

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. caeu eliminado por penaltis polo Talleres ABC I.E.S. Coruxo F.S. despois de empatar a tres goles durante o tempo regulamentario, na eliminatoria de cuartos de final da Copa Terceira División Nacional. O partido celebrouse na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vilalba ante douscentos espectadores.

Os xogadores vilalbeses pronto se puxeron por diante nun gran disparo de Fran Pastor que abriu o marcador. A raíz dese gol inicial o equipo visitante atacou con insistencia e froito dese dominio deulle a volta ao marcador con tres goles antes do descanso.

Na segunda parte o equipo local saíu máis metido no partido e malia cargarse moi cedo con 5 faltas, o capitán Freire con dous goles acadou o empate a falta de cinco minutos para o remate do partido. O triunfo puido caer para calquera equipo, Areñas salvou ao equipo vilalbés en varias accións e Asier a falta de dous segundos estivo a piques de darlle a victoria ao Vilalba F.S.

A quenda de penaltis, como soe pasar, foi unha lotería e a sorte sorriu ao equipo vigués que estivo máis atinado.

TALLERES ABC I.E.S. CORUXO F.S.
Javier, Bruno, Parra, Samuel, Camilo – cinco inicial – Naveira, Oli, Martín e Manuel Antonio.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Iago, Jose López, Rubén Mouriz, Asier, Fran Pastor – cinco inicial – Areñas, Antón, Freire, Iker, Paulo e Nuno.

GOLES:
1-0 Fran Pastor. (Min. 5)
1-1  Bruno. (Min. 12)
1-2  Samuel. (Min. 12)
1-3  Parra. (Min. 17)
2-3  Freire. (Min. 30)
3-3  Freire. (Min. 35)