O VILALBA F.S. FEMENINO CAMPIÓN DA I COPA DEPUTACIÓN DE LUGO

O equipo feminino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu nos penalties ao Castro F.S.F. e acadou o título da I Copa Deputación de Lugo que se celebrou onte no Pazo dos Deportes da capital lucense.

O encontro empezou ben para as xogadoras do Vilalba F.S. xa que aos 5 minutos, Mariña executaba unha falta con precisión e poñía o 1-0 no marcador. Sin realizar un bo partido as xogadoras vilalbesas controlaron o partido na primeira parte e conseguiron por mediación de Paula González o 2-0 co que se chegou ao descanso.

Na segunda parte o Castro F.S.F. acadou o seu primeiro gol pero acto seguido viu como lle expulsaban a unha xogadora por dobre amarela o que aproveitou Carol para establecer o 3-1 nunha boa xogada en superioridade.

 

 

De novo coa igualdade numérica o equipo de Castro voltaba a marcar e tras a expulsión da capitana vilalbesa Sabela por dobre amarela, empataba o partido. A mellor condición física das xogadoras de Castro, engadido á falta de conxunción das xogadoras do equipo vilalbés, (a metade da plantilla é nova), fixo que o Vilalba F.S. tivera que sufrir nos últimos minutos do partido.

A prórroga foi igualada e os dous equipos tiveron ocasións aínda que o marcador xa non se moveu.

Nos penalties as lanzadoras do Vilalba F.S. e a porteira Paula, que debutaba, estiveron máis atinadas que o seu rival acadando o título de campioas da I Copa Deputación de Lugo. Desta forma o equipo feminino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. suma o segundo título, despois do campionato ligueiro da pasada tempada, cando aínda non se cumple un ano do primeiro partido oficial.

Parabéns rapazas!!!