O VILALBA F.S. GAÑA NOS ÚLTIMOS SEGUNDOS

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. gañou, a falta de catro segundos, por 4-5 ao filial de O Parrulo F.S. no partido celebrado na mañá do domingo no Pavillón Municipal de “A Malata” de Ferrol, correspondente á xornada 4 de liga da Terceira División Nacional.

O partido estivo igualado nos primeiros minutos aínda que aos tres minutos o equipo local adiantábase no marcador. Mediada a primeira parte Antón lograba o empate e o equipo vilalbés dispuxo entonces de varias ocasións para poñerse por diante, sin embargo foi o filial do Parrulo o que marcaría, aproveitando un dobre penalti, para irse aos vestiarios cunha victoria mínima.

Na segunda parte ampliou a vantaxe o equipo local nun disparo que pegou nun xogador vilalbés antes de entrar na portería. O Vilalba F.S. empezou a presionar por toda a pista e recolleu os froitos mediada esta parte con dous goles seguidos de Antón, firmando así un hat-trick. Nos últimos minutos houbo ocasións para os dous equipos pero foi Jose López o que lle daba a volta ao marcador no lanzamento dunha falta. No derradeiro minuto, xa cos dous equipos con cinco faltas o equipo ferrolán materializou un dobre penalti co que parecía que o partido terminaría en igualada, pero a falta de catro segundos, Ayalita tamén de dobre penalti, marcou pola escadra o 4-5 definitivo.

Na vindeira xornada o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibirá o sábado  ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de Vilalba ao Carballiño F.S.