O VILALBA F.S GOLEA AO CAMPITO F.S.

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., acadou unha nova victoria a domicilio ao golear ao Campito F.S. por 10-4 na xornada 26 de liga da Terceira División Nacional.

O partido na primeira metade foi bastante igualado e o equipo vilalbés sufriu bastante ante un equipo que tivo bastantes ocasións para igualar o marcador antes do descanso.

Na segunda parte o Vilalba F.S. saíu moito máis metido no partido e acadou unha amplia renda de seis goles. Despois viñeron momentos de relaxación no que os xogadores do Campito F.S. sacaron o porteiro xogador e acortaron o resultado a un 8-4 pero tras un tempo morto pedido polo técnicos locais os xogadores vilalbeses reaccionaron e acadaron dous goles máis para pechar definitivamente o encontro.

Destacar o debut de Iker Pita que logrou marcar o décimo gol ao executar un  dobre penalti. Esa sexta falta foi cometida sobre Rubén Mouriz que nun gran xesto cedeulle o esférico ao xogador cadete para que éste tivera o debut soñado.

CAMPITO F.S.
Yeray, Cristian (1), Daniel, Xaime (1), Alejandro (1) – cinco inicial – Miguel (1), Jonathan, Ezra, Alfredo e Pablo.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Iago, Jose López (1), Rubén Mouriz (2), Asier (3), Fran Pastor (1) – cinco inicial – Areñas, Martín, Paulo, Freire (2), Antón, Nuno e Iker (1).