O VILALBA F.S. GOLEA AO CULLEREDO E PONSE LÍDER

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., goleou ao Sport Sala Culleredo por 1-7 na xornada 6 de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Tarrío de Culleredo na tarde do sábado.

Gran partido e contundente victoria do equipo vilalbés ante o que era o primeiro clasificado e nunha pista sempre complicada. Comenzaron ben as cousas para o equipo adestrado por Kini que aos tres minutos xa gañaba 0-2, resultado co que se chegou ao descanso. Nunha gran segunda parte aumentaron a vantaxe ata o 1-7 final para colocarse líderes da competición aínda que empatados a puntos co Ganomagoga I.E.S. Coruxo F.S.

A vindeira fin de semana hai parón ligueiro pero o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. disputará a fase final da II Copa Deputación de Lugo. A semifinal será ante o S.D. Xove F.S. o día 1 de novembro ás 10:30 horas no Pavillón dos Deportes de Sarria. No caso de pasar á final, o rival sairá da outra semifinal entre C.D. Lugo Sala e Concello de Begonte F.S.