O VILALBA F.S. GOLEA AO PONTEDEUME F.S.

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. goleou 1-8 ao Pontedeume F.S. no partido correspondente á xornada 6 de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal “A Casqueira” de Pontedeume na mañá do domingo.

Partido serio do equipo vilalbés que non deu sentenciado o encontro ata mediada a segunda parte debido aos numerosos erros de cara á portería dun complicado rival. Notouse a falta de rodaxe dos dous equipos os cales estiveron sin xogar durante varias semanas e no caso do Vilalba F.S. non será ata mediados de xaneiro cando empece a competir regularmente.

O vindeiro partido para o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. será o 17 de xaneiro recibindo ao Lugo Sala no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.

 

PONTEDEUME F.S.

Diego, Ismael, Juan, Pablo (p.p.), Alejandro (1) – cinco inicial – Nicolás, David, Ayalita, Joshua, Rubén.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.

Tini, Isma (1), Antón, Paulo (1), Gago – cinco inicial – Chafa, Adrián, Nuno, Fede (1), Mario, Fariñas (1), Coe (1), Xisco e Aitor (2).