O VILALBA F.S. GOLEA EN OUTEIRO E SEGUE LÍDER

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. goleou ao S.I. Outeiro de Rei F.S. por 0-5, no partido correspondente á xornada 10 de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Oureiro de Rei na tarde do sábado.

O primeiro tempo foi bastante igualado con boas ocasións para os dous equipos aínda que soamente Jose López puido desnivelar o marcador. Ao comezo da segunda parte Jose López marcou o 0-2 e a partir de ahí o equipo adestrado por Kini mostrou a súa superioridade e acabou goleando ao seu rival.

Con esta nova victoria o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. segue comandando a clasificación e suma a sétima xornada consecutiva gañando. O vindeiro fin de semana recibirá ao Praias de Barreiros.