O VILALBA F.S GOLEOU NO DEBUT AO CAMPITO F.S.

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., debutou cunha goleada sobre o Campito F.S. por 8-1 na primeira xornada de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado.

O partido foi de clara cor verde que dispuxo no primeiro tempo de tres dobres penalties e numerosas ocasións para que no descanso xa fora un marcador moito máis amplio do 3-1 que reflexaba o marcador.

Na segunda parte continuou o dominio do equipo vilalbés e os goles foron caendo ata o definitivo 8-1.