O VILALBA F.S LÍDER EN SOLITARIO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., gañou na pista do colista por 1-4 ao C.D. Beade MVMB Coprefi na xornada 8 de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón IES Beade na tarde do sábado.

Partido serio do equipo vilalbés que a pesar de empezar perdendo deulle a volta ao marcador e xa vencía no descanso por 1-2. Na segunda metade ampliou diferencias con outros dous goles para establecer o 1-4 definitivo.

A destacar positivamente a actuación dos xogadores do equipo xuvenil Tini, Chafa e Iker que foron convocados para este partido. O aspecto negativo foi a expulsión de Ayalita nun erro do colexiado.

Con esta nova victoria o equipo adestrado por Kini sitúase como líder en solitario despois do empate do Coruxo na pista do Unión GR9 próximo rival dos verdes o vindeiro sábado no Pavillón Municipal de Vilalba.