O VILALBA FÚTBOL SALA LOGROU UN MERITORIO EMPATE CONTRA O CIDADE DE NARÓN F.S.

 O Vilalba Fútbol Sala nun gran encontro, acadou un empate a catro goles fronte ao Cidade de Narón F.S.

No partido disputado no Pavillón Municipal de Vilalba, ante unhas duascentas cincuenta persoas, cunha nutrida presenza da afeción visitante, non se notou a diferencia de categoría entre os dous equipos e o resultado foi xusto.

O equipo local levou o peso do partido e conseguiu remontar poñéndose por diante 4-3, pero a poucos minutos do final o equipo Naronés establecía o definitivo empate. Os goles locais foron conseguidos por Jose (2), Diego e Roi.

Destacar o debut do porteiro Carlos Areñas e a participación dos catro xuvenís convocados: Yago, Antón, Diego e Lage.