O VILALBA F.S. MERECEU MÁIS NA PISTA DO LÍDER

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., perdeu por 3 goles a 2 ante o Sala Ourense, no partido celebrado na mañá do domingo no Pavillón Municipal de “Os Remedios” de Ourense, correspondente á xornada 27 de liga da Terceira División Nacional.

Nun partido moi igualado o Vilalba F.S. mereceu máis na pista do actual líder, ao que soamente lle falta un punto para ser campión da competición.

Pronto se puxo o equipo ourensán por diante no marcador, pero acto seguido o máximo goleador do equipo vilalbés, Asier, acadou a igualada cun bo disparo. O equipo local dispuxo de dúas boas ocasións, nun disparo ao pao longueiro e nunha boa parada de Iago, pero tamén o equipo chairego dispuxo dunha gran ocasión para poñer o 1-2 antes do descanso por medio de Fran Pastor.

Á volta dos vestiarios, a mala fortuna cebouse co equipo vilalbés, xa que nun disparo do equipo local o balón pegou en Martín e colouse na portería. O Vilalba F.S. non lle perdeu a cara ao partido e a falta de 7 minutos Fran Pastor dispuxo dun dobre penalti no que o balón foise á madeira. Pero a insistencia tivo o seu froito e noutro dobre penalti por mans dun xogador local, Rubén Mouriz logrou o empate que facía xustiza. O Sala Ourense faltando menos de dous minutos logrou o terceiro gol que ao fin sería definitivo, aínda que a seis segundos para o remate do partido o equipo vilalbés tivo de novo o empate pero a sorte do campión fixo que os tres puntos quedaran en Ourense.

SALA OURENSE
Rubén, Tizón, Iván, Raúl, David – cinco inicial – Martín, Daniel, Alvaro, Adrián, Alejandro e Guerra.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Iago, Jose López, Rubén Mouriz, Asier, Antón – cinco inicial – Areñas, Martín, Fran Pastor, Iker, Paulo e Nuno.

GOLES:
1-0  Raúl. (Min. 4)
1-1  Asier. (Min. 4)
2-1  Martín (p.p.). (Min. 21)
2-2  Rubén Mouriz. (Min. 35)
3-2  Daniel. (Min. 38)

COMPARTIR