O VILALBA F.S. NA FASE FINAL DA II COPA DEPUTACIÓN

Os equipos feminino e masculino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. xogarán a fase final da II Copa Deputación de Lugo que se celebrará o vindeiro día 1 de novembro en Sarria.

Abrirá a competición ás 10:30 horas no Pavillón dos Deportes de Sarria o equipo masculino que chegou a esta fase final despois de eliminar na fase previa aos equipos Insuas do Miño Rábade F.S. e Restaurante O Korreo Guitiriz F.S. e nos cuartos de final goleando ao Prone Lugo por 5-1. O seu rival será a S.D. Xove F.S. que milita na 2ª División “B” e que xa eliminou nesta campaña ao equipo vilalbés nos oitavos de final da XXIX Copa Galicia por un resultado de 2-5. Ademáis é o vixente campión da competición.

A escuadra dirixida por Kini tentará de realizar un bo encontro e pasar á final despois de quedar ás portas na primeira edición tras perder a penalties co S.I. Outeiro de Rei. O equipo vencedor desta semifinal xogará no mesmo escenario ás 17:30 horas ante o vencedor da outra semifinal que disputarán C.D. Lugo Sala e Concello de Begonte F.S.

Pola súa parte o equipo feminino que xogará ás 12:30 horas no Pavillón José M. González “O Chanto” accedeu á fase final da II Copa Deputación de Lugo despois de derrotar con claridade ao Restaurante O Korreo Guitiriz F.S. por 7-0 no partido de cuartos de final. Nas semifinais terá en fronte ao sempre combativo Lieders Futsal adestrado polo ex-xogador do Vilalba F.S., Rubén Mouriz.

O equipo dirixido por Jose e Miguel buscará xogar de novo a final e revalidar o título acadado na primeira edición aínda que non será nada doado. O gañador desta semifinal xogará a final ás 19:30 horas no Pavillón dos Deportes de Sarria ante o equipo vencedor da outra semifinal que disputarán o F.S.F. Castro e Pizzería Bahía Monterroso F.S.F.

Moita sorte e Forza Peugeot!!!