O VILALBA F.S. NA FASE FINAL DA II COPA DEPUTACIÓN

O equipo masculino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. xogará a fase final da II Copa Deputación de Lugo, despois de derrotar ao Prone Lugo por 5-1 no partido de cuartos de final celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vilalba.

O equipo vilalbés realizou un gran encontro e goleou a un rival de superior categoría como é o Prone Lugo que non deu a talla.

O equipo masculino ao igual que o feminino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. disputará de novo a fase final da II Copa Deputación de Lugo.