O VILALBA F.S. NON PASOU DO EMPATE EN GUITIRIZ

O VILALBA F.S. NON PASOU DO EMPATE EN GUITIRIZ

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. empatou 3-3 ante o Talleres ABC Vigo IES Coruxo F.S., no partido correspondente á xornada 25 de liga da Terceira División Nacional celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Guitiriz ao estar o Pavillón Municipal de Vilalba ocupado pola acampada do Festival Independiente de Vilalba (FIV).

O Vilalba F.S. foi incapaz de sumar os tres puntos nun partido igualado no que no último minuto dispuxo dunha superioridade de catro para dous e non deu acadado a victoria.

Na vindeira xornada o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. nunha situación incómoda na clasificación visitará ao recén ascendido, Playas de Barreiros C.D. que está realizando unha gran tempada.