O VILALBA F.S. PERDE NO ÚLTIMO SEGUNDO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu no último segundo, por 3-4 co filial de O Parrulo F.S. no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vilalba, correspondente á xornada 19 de liga da Terceira División Nacional.

Partido vibrante na primeira parte con alternancia no marcador e que se chegou ao descanso con empate a 3-3, (cun gol do equipo ferrolán a catro segundos nun erro defensivo local). A segunda metade continuou moi igualada e cando parecía que non se movería o marcador, o filial parrulo, noutro erro defensivo do Vilalba F.S., levouse a victoria no último segundo.

Na vindeira xornada o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. visitará o sábado  ás 16:30 horas ao Carballiño F.S. no Pavillón “Paco Chao”.